A súa conexión coas principais cidades, por mar – conta cun dos portos máis importantes do mundo-, aire –aeroporto de Peinador- e terra –tren, autoestrada do Atlático, …-, as súas praias e montañas verdes, importante gastronomía –os mellores froitos da mar: marisco esquisitos, …- fan que Vigo revélese orgulloso removendo todas as súas raíces para ofrecer ao visitante unha das mellores opcións de turismo gastronómico e de natureza de toda a franxa costeira española, incluso a cultura é un atractivo cos diversos museos con temáticas diferentes.
En breve tempo, Vigo non poderá negar a súa condición de opción apropiada para albergar congresistas e xentes de negocios que desexen gozar da paisaxe, gastronomía e pernoitar lonxe do bullicio das grandes cidades. Xunto ao bo descanso imponse o bo xantar que lle ofrecen os múltiples restaurantes que baixo a dirección de importantes profesionais cociñan os máis exquisitos pratos confeccionados coas mellores materias primas. Para os responsables da hostalería viguesa, comer non é só unha necesidade biolóxica, senón que é un rito, polo que cada prato é delicadamente preparado como cando se trata dunha ocasión especial. Todo isto tras un tranquilo percorrido pola cidade ou a súa periferia: Illa Cíes, …onde atopamos a paz dun paseo cargado de tranquilidade, a filosofía do bo vivir e a elegancia do natural e do normal.
Vigo sabe que, á parte da calidade exclusiva recoñecida da súa oferta, o bo trato a nosos visitantes, o espazo xeográfico único da cidade e o seu contorno, necesita crear imaxe de marca e iso é unha carreira de fondo. Vigo é hoxe coñecido pero debe selo máis e mellor, mercé ao amplo abano de servizos que ofrece os séus visitantes. Utilizando como arma o seu contorno máxico, que namora nada máis ver a ría; a seriedade, a gastronomía, … Os séus restauradores e hoteleiros abriron un oco no sector turístico español, combinando á perfección o turismo de verán, coas visitas de negocios, agora queremos entrar no das convencións por iso desde a alcaldía da cidade o seu alcalde, Abel Caballero, apura a construción do conxunto que formará o Palacio de Congresos e Auditorio de nova construción e que se está a edificar sobre un solar noutro momento ocupado por unha edificación industrial dedicada á salgadura do bacallau e a outros usos do sector pesqueiro, pertencente ao Grupo de Empresas Mar, Casa Mar.
O Auditorio Palacio de Congresos ten como obxectivo desenvolver no mesmo ámbito a actividade pública, especialmente de carácter cultural, arredor do auditorio e do salón de exposicións, e a actividade promovida pola iniciativa privada, tanto no campo cultural e social, como no comercial. É un dos grandes proxectos ou obxectivos que ten a cidade xunto coa Biblioteca estatal, a AVE, ….O Palacio de Congresos e Auditorio un obxectivo para a cidade
Tal e como reza nun dos parágrafos do estudo de viabilidade económica deste proxecto “Este obxectivo da cidade de Vigo” ten a súa vez relación directa, dentro do contexto da política municipal e nun contorno europeu, cunha serie de estratexias definidas entre as que se atopa “incrementar o aproveitamento dos recursos internos mediante, entre outras medidas, a potenciación do turismo”.
En fin, na cidade de Vigo, que ofrece un turismo ao alcance de calquera peto, durmir, descansar e comer son unha exquisita realidade xunto cá oferta cultural e dentro de pouco poderase disfrutar de moitas das obras ou proyectos que se están a desenrolar, como dixo o alcalde cando fixo balance do primeiro ano do goberno local -o destacar que a aprobación do Plan Xeral e dos orzamentos son "feitos históricos para Vigo"-.
Neses 12 meses se "desatascaron" os "compromisos da cidade", como o Auditorio – que estará para o Ano Novo en 2011 cá inauguración do recinto do Palacio de Congresos e "Será un Auditorio soberbio", según había asegurado Abel Caballero-, a Alta Velocidade, as autovías, o aeroporto, o porto, a Biblioteca estatal, a Cidade do Mar, o Novo Hospital, a depuradora, as humanizacións e os aparcadoiros, entre outros...
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada